Joom!Fish config error: Default language is inactive!
 
Please check configuration, try to use first active language

Stand do Proxecto EIXO INTERIOR en XANTAR 2012
Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
Stand do Proxecto EIXO INTERIOR en XANTAR 2012

A Deputación de Ourense a través do Negociado de Planificación promocionou en Xantar 2012 (Salón Galego de Gastronomía e Turismo) os recursos endóxenos con selo de excelencia da provincia e da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Este Proxecto foi presentado conxuntamente co Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (xefe de fila do proxecto), o Concello do Barco de Valdeorras, o Concello de Sarria e a Câmara Municipal de Barcelos, o proxecto EIXO INTERIOR á segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (POCTEP) 2007-2013, resultando aprobado segundo a notificación recibida.

O proxecto conta cun orzamento total de 1.383.503,69€, cofinanciado ó 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O proxecto pon en marcha unha estratexia de desenrolo común baseada nas áreas de productos tradicionais, mercados e artesanía, e antiguidades e restauración, coa creación de estructuras permanentes de cooperación, incentivando a presencia de empresas implicadas en promocionar de xeito conxunto os seus productos. A candidatura quedará resolta no segundo semestre do ano.

No caso concreto do Barco, puxose en marcha un Centro de Promoción de Productos Tradicionais da Eurorrexión , que terá como misión fundamental a promoción e difusión de todo tipo de productos tradicionais, cunha importante labor de márketing dos productos de excelencia.

Degustación no stand do proxecto EIXO INTERIOR en Xantar 2012 (Ourense) Stand do proxecto EIXO INTERIOR  en Xantar 2012 (Ourense)
Degustación no stand do proxecto EIXO INTERIOR en Xantar 2012 (Ourense)
Stand do proxecto EIXO INTERIOR  en Xantar 2012 (Ourense) Stand do proxecto EIXO INTERIOR en Xantar 2012 (Ourense)
Stand do proxecto EIXO INTERIOR en Xantar 2012 (Ourense)
Stand do proxecto EIXO INTERIOR en Xantar 2012 (Ourense)
..