INICIO A Política Rexional Europea
Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
A Política Rexional Europea

Na actualidade a UE comprende 27 estados membros, que forman unha comunidade e un mercado único de 493 millóns de cidadáns. Non obstante aínda existen  grandes diferenzas económicas e sociais entre os distintos países e as súas 271 rexións. A política rexional europea ten como finalidade concreta-la solidariedade da Unión Europea mediante a cohesión económica e social, reducindo as desigualdades entre os niveis de desenvolvemento das diferentes rexións.

A Unión Europea, a través da política de cohesión levada a cabo por medio dos Fondos Estruturais, o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o Fondo Social Europeo (FSE), así como do Fondo de Cohesión, inviste en miles de proxectos en tódalas rexións europeas para acada-lo seu obxectivo principal: fomenta-la cohesión económica e social mediante a redución das disparidades entre os estados e as rexións membros.

No actual período de actuación 2007-2013,  a política rexional europea distribuirá os Fondos Estruturais en tres novos obxectivos:

  1. Obxectivo de Converxencia
  2. Obxectivo de  Competitividade Rexional e Emprego
  3. Obxectivo de  Cooperación Territorial Europea

A finalidade do obxectivo de ¨Converxencia¨ é fomenta-las condicións e os factores que melloren o  crecemento e o emprego nas rexións menos desenvolvidas, é dicir, naquelas nas que o PIB por habitante é inferior á media comunitaria de 2000-2002, como é o caso de Galicia. Fai especial fincapé na innovación e na sociedade do coñecemento, na capacidade de adaptación ós cambios económicos e sociais, así como na calidade do medio ambiente e a eficacia administrativa. O seu financiamento incumbelles ó FEDER, ó FSE e ó Fondo de Cohesión.

A finalidade do obxectivo de "Competitividade Rexional e Emprego" é incrementa-la competitividade, o atractivo e o emprego das rexións. O seu financiamento incúmbelles ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e ó Fondo Social Europeo (FSE).

O obxectivo de "Cooperación Territorial Europea" é facilita-la cooperación transfronteiriza, transnacional e interrexional entre as autoridades rexionais e locais. O seu financiamento incúmbelle ó FEDER.

© 2010 Negociado de Planificación - Deputación de Ourense