Áreas de actuación

Deputación de Ourense investirá en 51 concellos da provincia, durante os anos 20082009 2010, un total de 10.721.322 euros nos Proxectos ARRAIANODELORUR TERRAS DO AVIA.

Os proxectos ARRAIANODELORUR TERRAS DO AVIA presentados pola Deputación de Ourense, foron aprobados no ano 2008 polo Ministerio de Política Territorial, estando encadradas nas axudas do FEDER – Eixe 5, Desenvolvemento Local e Urbano, dentro do Programa Operativo Rexional de Galicia. Cada un destes proxectos está dividido en cinco áreas de actuación que son:

a.1) Fomento da sociedade da información e novas tecnoloxías.
a.2) Promoción económica: creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación produtiva e a mellora das infraestruturas e servizos locais.
a.3) Mellora do contorno natural e a calidade medioambiental.
a.4) Mellora da accesibilidade e mobilidade.
a.5) Protección e preservación do patrimonio cultural.

Os proxectos están cofinanciados ó 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) sendo xestionados polo Negociado de Desenvolvemento Local e Recursos Europeos (negociado dependente do Servizo de Investimentos, Patrimonio e Subvencións).

  • Importe total proxecto ARRAIANO (2008, 2009, 2010): 4.271.025,67€
  • Importe total proxecto DELORUR (2008,2009, 2010): 3.315.044,94€
  • Importe total proxecto TERRAS DO AVIA (2008, 2009, 2010): 3.135.251,10€
 

Esta convocatoria é produto das orientacións estratéxicas comunitarias 2007-2013 que conceden unha atención especial ás necesidades específicas de determinados territorios, como son as zonas urbanas e rurais, estimulando a aplicación dun enfoque integrado da política de cohesión, que non só debe favorecer o crecemento e o emprego, senón tamén perseguir obxectivos sociais e medioambientais.

A Deputación de Ourense presentou en total cinco proxectos que abarcaban a totalidade das comarcas da provincia, resultando dous proxectos denominados TERRAS DO SIL e TERRAS DE CELANOVA aprobados, mais sen dotación orzamentaria. Neste intre estase á espera que por parte do Ministerio de Política Territorial se poida financia-los proxectos por medio da habilitación da correspondente partida orzamentaria, ou polo contrario, a Deputación de Ourense presentara de novo os proxectos actualizados á vindeira convocatoria do Eixe 5 – Desenvolvemento Local e Rural, que se prevé a finais do ano 2010.