INICIO Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) é un instrumento financeiro da Comisión Europea que ten como obxectivo fortalece-la cohesión económica e social na Unión Europea, corrixindo os desequilibrios entre as súas rexións. Estes fondos son subvencións reintegrables, que serán xestionados directamente polas administracións locais (central, autonómica e local), tendo cada unha cota de fondos asignados a priori para realizar proxectos na súa área.

Obxectivos e principios:

  • A investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.
  • A produción e a competitividade das empresas.
  • A protección  e a mellora do medio ambiente e o fomento  dunha enerxía limpa e renovable.
  • As infraestruturas de investigación, innovación, as telecomunicacións e o transporte.
  • O desenvolvemento das redes de transporte locais, rexionais e europeas.
  • O desenvolvemento económico, con especial atención ás zonas e persoas menos favorecidas.
  • Medidas de asistencia técnica.

O FEDER pode intervir nos tres novos obxectivos da política rexional:

  • Converxencia
  • Competitividade rexional e emprego
  • Cooperación territorial europea

Eixes ou prioridades do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER):

  • Eixe 1: Desenvolvemento da economía do coñecemento (I+D+i, Sociedade da Información e TICs)
  • Eixe 2: Desenvolvemento e innovación empresarial
  • Eixe 3: Medio ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos
  • Eixe 4: Transporte e enerxía
  • Eixe 5: Desenvolvemento local sostible e urbano
  • Eixe 6: Investimentos en infraestruturas sociais
  • Eixe 7: Asistencia técnica.

      

© 2010 Negociado de Planificación - Deputación de Ourense