INICIO Enfoque integrado das actuacións
Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
Enfoque integrado das actuacións

No ámbito urbano das vilas pretendese combinar actuacións dirixidas a mellora-lo medio ambiente e o espazo urbano, por medio de medidas efectivas para a eliminación das barreiras arquitectónicas dos cascos urbanos, peonalización, etc., e de accións para impulsa-la recuperación económica mediante a atracción de novas actividades empresariais e a modernización das existentes, contribuíndo así ó desenvolvemento sostible.

No ámbito rural, a través da instalación de seis depuradoras (dúas por cada proxecto) para a depuración de lodos das fosas sépticas dos núcleos de menos de 100 habitantes, a creación de tres Centros de Transformación de la Biomasa (CTB), así como a construcción dunha Planta de Valorización de Residuos da Construcción e Demolición, e deposito de refugallos (PVRCD) para a comarca da Limia, completando o mapa de infraestructuras deste tipo na provincia, contribuíndo así ó aumento da calidade de vida da súa poboación e á mellora do medioambiente. Desta maneira, á vez que se contribúe a preservar o medioambiente e o seu potencial turístico, lógrase
crear emprego e atopar novas fontes de ingresos para a poboación rural, contribuíndo a fixa-la poboación no rural ourensán. Por medio das futuras actuacións dedicadas á rehabilitación da arquitectura tradicional ourensá, tratase de valora-lo patrimonio etnográfico das comarcas, potenciando desta maneira o noso patrimonio cultural e patrimonial, así como mellora-lo potencial turístico da nosa provincia.

A maioría dos concellos do rural da provincia de Ourense atópanse na actualidade dentro das chamadas “zonas escuras”, zonas onde non existe posibilidade de dispor de banda ancha e, polo tanto, os seus cidadáns vense excluídos das posibilidades que brindan as novas tecnoloxías. Dado que a poboación e as características xeográficas destes concellos fan difícil que calquera operador convencional decida prover un acceso universal de banda ancha que permita acceder a Internet e ós servizos telemáticos en igualdade de condicións coa poboación urbana, é polo que a implantación dunha rede inalámbrica (Wi-Max) faise necesaria e imprescindible para o caracter integrado do proxecto.

© 2010 Negociado de Planificación - Deputación de Ourense