INICIO Novidades Ourense acollerá o Foro “De Climatlantic a Climatlantic +”
Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
Ourense acollerá o Foro “De Climatlantic a Climatlantic +”
Contará coa presenza dos responsables da Estratexia Marítima Atlántica en España e Portugal Este foro ten por obxectivo presentar os resultados do traballo realizado durante o últimos catro anos para identificar medidas e solucións no ámbito da enerxía, a sustentabilidade e o transporte, dirixidos a fomentar medidas de adaptación ao cambio climático e redución de pegada de carbono a escala local. Ademais, este foro contará coa presenza dos responsables da Estratexia Marítima Atlántica en España e Portugal, así como representantes da Comisión Europea, a Autoridade de Xestión do programa Interreg Espazo Atlántico e o Secretariado Conxunto do devandito programa, ademais de representación dos principais sectores vinculados á actividade marítima. O foro desenvolverase en castelán, con tradución simultánea
© 2010 Negociado de Planificación - Deputación de Ourense