INICIO Novidades Seminario sobre os Plans de Acción de Enerxía Sostible nos Gobernos Locais (20 de xaneiro de 2015 ...
Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
Seminario sobre os Plans de Acción de Enerxía Sostible nos Gobernos Locais (20 de xaneiro de 2015)
Seminario sobre os Plans de Acción de Enerxía Sostible nos Gobernos Locais (20 de xaneiro de 2015) O Proxecto 50000 and 1 SEAPs presentouse a través da Sección de Planificación e Seguimento de Investimentos á última convocatoria de proxectos do período 2007-2013 do Programa Enerxía Intelixente - Europa, pertencente ao Programa de Competitividade e Innovación (PIC) da Comisión Europea, resultando aprobado. O obxectivo deste proxecto é o apoio ás autoridades locais no desenvolvemento integrado dos Plans de Acción de Enerxía Sostíbel (PAES) con sistemas de xestión enerxética segundo a norma ISO 50001. A Deputación de Ourense forma parte dun amplo consorcio que abrangue a diferentes entidades locais, asociacións de concellos, asociacións internacionais e axencias de enerxía de nove países da Unión Europea (España, Italia, Bulgaria, Francia, Alemania, Grecia, Letonia, Polonia, Rumania). Os obxectivos xerais deste proxecto son: Estruturar un enfoque coherente para integrar un sistema de xestión da enerxía nos Plans de Acción de Enerxía Sostible (PAES) de varios Concellos da provincia de Ourense coa axuda de estruturas de apoio. Facer do enfoque do Sistema de Xestión de Enerxía e dos Plans de Acción de Enerxía Sostible (PAES) unha ferramenta para garantizar a institucionalización de políticas enerxéticas e para asegurar unha implementación política e técnica continua dos Plans de Acción de Enerxía Sostible (PAES) dos Concellos unha vez rematado o proxecto. ¿Cales son os beneficios que se obteñen ao implementar a Norma ISO 50001 nos Concellos? Son varios os beneficios derivados da implementación da norma ISO 50001. Algúns destes son: · Aforro de enerxía a curto, medio e longo prazo · Toma de conciencia e control da cantidade de enerxía consumida en cada proceso. · Toma de conciencia das medidas de aforro enerxético para os procesos consumidores de enerxía na organización. · Recoñecemento e imaxe de cara o exterior (clientes, proveedores, accionistas, opinión pública) do seu compromiso cun consumo enerxético sostible. O dia 20 de xaneiro de 2015 terá lugar, no Centro Cultural ¨Marcos Valcarcel¨ da Deputación de Ourense, un semiario formativo do Proxecto 50000 and 1 SEAPs enfocado ás autoridades locais e os técnicos municipais dos diferentes concellos da provincia. Martes, 20 de xaneiro de 2015 PROGRAMA 10.00 horas ENTREGA DOCUMENTACIÓN - REXISTRO 10.15 horas INAUGURACIÓN 10.30 horas O Proxecto SEAP´s e boas prácticas na Deputación Provincial de Ourense Poñente: Miguel Reza Paz Xefe da Sección de Residuos e Enerxía da Deputación Provincial de Ourense Inventario de gasto enerxético e elaboración do PAES en gobernos locais Poñente: Fernando Vivas Pérez Director Técnico do Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética (Energylab) ISO 50001: Ferramentas para a xestión eficiente da enerxía na Administración Pública Poñente: José Manuel Sánchez Rodríguez Director Nacional de Sostenibilidade de Bureau Veritas Certificación 11.30 horas PAUSA-CAFÉ 12.00 horas Monitorización de edificios e alumeados públicos en gobernos locais Poñente: Felix Hernández de Rojas Responsable de Desenvolvemento de Negocio en Telefónica para Enerxía Redes de calor. Modelo de eficiencia enerxética en gobernos locais Poñente: Iago Piñeiro Somoza Director Técnico de Foresga 13.00 horas DEBATE 13.30 horas CLAUSURA
© 2010 Negociado de Planificación - Deputación de Ourense