INICIO Novidades Visita de intercambio do director da consultora Centro Europeo de Calidade (European Center for Qual ...
Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
Visita de intercambio do director da consultora Centro Europeo de Calidade (European Center for Quality), Ludmil Manez, socio búlgaro do Proxecto 50000 and 1 SEAPs á Deputación de Ourense.
O director da consultora, Centro Europeo de Calidade (ECQ), Ludmil Manez, socio búlgaro da Deputación de Ourense no Proxecto 50000 and 1 SEAPs, visitou Ourense durante os días 26 e 27 de maio de 2016, co fin de intercambiar información e asesorar á Deputación de Ourense, en base a súa ampla experiencia nos concellos búlgaros, sobre o desenvolvemento dos Plans de Acción de Enerxía Sostíbel (PAES) e a implantación dos sistemas de sistemas de xestión enerxética segundo a norma ISO 50001 nos concellos ourensáns, sendo a actividade de intercambios entre socios unha das accións a desenvolver no Proxecto 50000 and 1 SEAPs. A consultora búlgara ECQ é un dos socios do consorcio do proxecto, ao que pertence a Deputación de Ourense, o cal abrangue a diferentes entidades locais, asociacións de concellos, asociacións internacionais e axencias de enerxía de nove países da Unión Europea (España, Italia, Bulgaria, Francia, Alemania, Grecia, Letonia, Polonia, Romanía). A finalidade última da norma ISO 50001 é facilitar ás organizacións, independientemente do seu sector de actividade ou do seu tamaño, unha ferramenta que permita a redución dos consumos de enerxía, os custos financeiros asociados e consecuentemente as emisións de gases de efecto invernadoiro. Baseada no principio “medir para identificar, e identificar para mellorar”, a implantación dun Sistema de Xestión Enerxética dacordo coa norma ISO 50001 permite ás administracións públicas e empresas aforrar enerxía, facendo que calquera inversión nesta liña teña un retorno económico inmediato, ao contrario do que acontece cos sistemas de xestión medio ambiental. Algúns dos beneficios derivados da implementación da norma ISO 50001 nos concellos ourensáns serian: • Aforro de enerxía a curto, medio e longo prazo • Toma de conciencia e control da cantidade de enerxía consumida en cada proceso. • Toma de conciencia das medidas de aforro enerxético para os procesos consumidores de enerxía na organización. • Recoñecemento e imaxe de cara o exterior (clientes, proveedores, accionistas, opinión pública) do seu compromiso cun consumo enerxético sostible. O Proxecto 50000 and 1 SEAPs presentouse a través da Sección de Planificación e Seguimento de Investimentos á última convocatoria de proxectos do período 2007-2013 do Programa Enerxía Intelixente - Europa, pertencente ao Programa de Competitividade e Innovación (PIC) da Comisión Europea, resultando aprobado. O obxectivo deste proxecto é o apoio ás autoridades locais no desenvolvemento integrado dos Plans de Acción de Enerxía Sostíbel (PAES) con sistemas de xestión enerxética segundo a norma ISO 50001. Os obxectivos xerais deste proxecto son: 1. Estruturar un enfoque coherente para integrar un sistema de xestión da enerxía nos Plans de Acción de Enerxía Sostible(PAES) de varios Concellos da provincia de Ourense coa axuda de estruturas de apoio. 2. Facer do enfoque do Sistema de Xestión de Enerxía e dos Plans de Acción de Enerxía Sostible (PAES) unha ferramenta para garantizar a institucionalización de políticas enerxéticas e para asegurar unha implementación política e técnica continua dos Plans de Acción de Enerxía Sostible (PAES) dos Concellos unha vez rematado o proxecto.
© 2010 Negociado de Planificación - Deputación de Ourense