INICIO Novidades INFORMACIÓN DO PROXECTO GERÊS-XURÉS DINÁMICO (PROGRAMA INTERREG V A ESPAÑA PORTUGAL 2014-2020)
Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
INFORMACIÓN DO PROXECTO GERÊS-XURÉS DINÁMICO (PROGRAMA INTERREG V A ESPAÑA PORTUGAL 2014-2020)
Información do Proxecto GERÊS – XURÉS DINÁMICO: Dinamización conxunta da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés (RBTGX). Custo total elixible do proxecto: 1.971.901,55 €. Porcentaxe financiado polo FEDER: 75% (1.478.926,16 €) Área de cooperación: Galicia – Norte de Portugal. Eixe prioritario: creación sostible a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais. Obxectivo temático: conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos. Prioridade de inversión: protección e o restablecemento da biodiversidade e do chan e o fomento dos servizos dos ecosistemas, inclusive a través de Natura 2000 e de insfraestruturas ecolóxicas. Obxectivo específico: mellorar a protección e xestión sostible dos espazos naturais. Obxectivo xeral: Fortalecer a entidade e identidade propia da RBTGX mediante o fomento da participación activa dos actores do territorio, a promoción do seu desenvolvemento económico e turístico sostible e a protección e conservación do seu patrimonio natural e cultural. Socios do proxecto:  Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Xunta de Galicia).  Deputación de Ourense.  Axencia de Turismo de Galicia (Xunta de Galicia).  ADERE Peneda – Gerês.  Câmara Municipal de Melgaço.  Município de Ponte da Barca.  Câmara Municipal de Terras de Bouro.  Município de Montalegre.  Município de Arcos de Valdevez.  Associação Regional de Desenvolvimento do Alto Lima (ARDAL).  Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas (ICNF).  Turismo do Porto e Norte de Portugal(TPNP).  Comissão de Coordenação e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDR-N). Actuacións contempladas no proxecto: 1. “Actividade 1 – A RBTGX para os seus habitantes”. Sensibilización da poboación local sobre os valores patrimoniais e medioambientais do medio que habitan, implicándoos na súa conservación, mediante talleres de sensibilización e traballos de recuperación, posta en valor e difusión do patrimonio etnográfico e inmaterial. Capacitación da poboación local en materias relacionadas co aproveitamento económico sostible dos recursos endóxenos. Aproveitamento económico mediante a creación dun rexistro de produtores da Reserva da Biosfera para unha etiqueta distintiva de orixe. 2. “Actividade 2 – A RBTGX para os seus visitantes”. Ordenación, creación de produto, dinamización das portas: posta en marcha das 6 Portas do Xurés, posta en valor do xacemento Aquis Querquennis, posta en valor megalistismo da Serra do Xurés e da Serra do Leboreiro, sinalización, congresos, etc. 3. “Actividade 3 – A RBTGX para os escolares”. Programa de educación ambiental e patrimonial, visitas de grupos de escolares á Reserva da Biosfera. 4. “Actividade 6 – Comunicación” Organización congresos, sinalización de accesos por estrada á Reserva da Biosfera, mellora da Web “Portas do Xurés”, para inclusión en Portal Web da RBTGX, publicidade das actuacións do proxecto. Resultados:  Mellora da calidade de vida da poboación local.  Incremento da capacidade de atracción turística, económica e demográfica do territorio.  Mellora da calidade dos servizos e produtos comercializados.  Incremento da sensibilización e mellora do coñecemento sobre a RBTGX entre a poboación local e a nivel rexional, nacional e internacional.  Mellora do estado de conservación e protección do patrimonio natural e cultural.  Mellora das condicións de accesibilidade, sinalización e ambientais.  Harmonización dos instrumentos de planificación e xestión existentes. Orzamento Deputación de Ourense: 323.650 euros (25% F.P.: 80.912,5 euros). Cofinanciamento FEDER: 75% (242.737,50 euros) Anos duración: 3 anos (2017,2018 e 2019)
© 2010 Negociado de Planificación - Deputación de Ourense