Proxecto EUROCIDADE

EUROCIDADE  CHAVES-VERÍN

Custo total elixible do proxecto: 1.333.578,20 €

Porcentaxe financiado polo FEDER: 75% (1.000.183,65 €)

Área de cooperación: Galicia – Norte de Portugal.

Eixe prioritario: integración socioeconómica e institucional.

Obxectivo xeral: senta-las bases dunha cooperación transfronteiriza de segunda xeración que permita converte-la Eurocidade Chaves-Verín nun instrumento de desenvolvemento rexional que permita pór en marcha accións que melloren a calidade de vida dos cidadáns. En concreto, preténdese dotar a Eurocidade dunha estrutura que garanta un funcionamento eficiente, implica-los cidadáns no proxecto e, por último, dinamiza-la economía da Eurocidade e velar polo desenvolvemento sostible do seu territorio.

Socios do proxecto:

  • Concello de Verín.
  • Deputación de Ourense.
  • Cámara Municipal de Chaves.
  • Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
  • Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.
  • Instituto Portugués da Xuventude.

Actuacións contempladas no proxecto:

1.  “Estruturación da Eurocidade”:

  • Rehabilitación das antigas dependencias do posto fronteirizo.
  • Posta en funcionamento operacional do Portelo da “Eurocidade Chaves-Verín”, contratación do seu equipo técnico.
  • Plataforma de comunicación da Eurocidade dirixida á cidadanía.
  • Estudo estratéxico da Eurocidade, coñece-la situación de partida e establecer obxectivos e liñas de actuación a medio e longo prazo.

2.  “Eurocidadanía”:

  • Tarxeta do eurocidadán e organización dunha oferta de servizos comúns.
  • Oficina da Xuventude.
  • Local de ensaios transfronteirizos.
  • Axenda cultural da Eurocidade de carácter trimestral.
  • Forma-la Eurocidadanía.

3.  “Eurocidade: catalizador de dinamización económica”:

  • Unidade de Desenvolvemento de Produtos Turísticos da Eurocidade para identifica-las principais fortalezas da Eurocidade Chaves-Verín en materia turística, optimiza-la súa explotación sostible, publicación de guías temáticas para potencia-las calidades turísticas identificadas.
  • Novas tecnoloxías aplicadas ó turismo.
  • Fronteira comercial aberta: material promocional conxunto, animación centros de comercio tradicional, creación dun portelo específico sobre o comercio, manual de boas prácticas…

4.   Foro económico e empresarial da “Eurocidade”

  • Sistema iniciativas empresariais. Promoción do desenvolvemento de iniciativas empresariais privadas.

5. “Eurocidade: Un territorio sostible”:

  • Estudo do patrimonio natural, cultural e histórico do río Támega.
  • Ordenación conxunta do territorio.

A Deputación ten un custo total flexible de 266.666 €.

Porcentaxe financiada polo FEDER á Deputación: 75% (199.999,50 €).

Actuación contemplada no proxecto para realizar pola Deputación de Ourense:

1. “Estruturación da  Eurocidade”: Rehabilitación das antigas dependencias do posto fronteirizo de Feces de Abaixo.

Ligazóns: