Principais actuacións contempladas

a.1) Fomento da sociedade da información e novas tecnoloxías.

a.2) Promoción económica: creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación produtiva e a mellora das infraestruturas e servizos locais.

  • Convocatoria de subvencións destinadas á adecuación, mellora, rehabilitación ou primeira instalación de pequenos comercios locais e talleres artesanais nas vilas das áreas de actuación (Verín, Xinzo de Limia, O Barco de Valdeorras, A Rúa , Viana do Bolo, O Carballiño e Ribadavia).

a.3) Mellora do contorno natural e a calidade medioambiental.

  • Creación de tres Centros de Transformación da Biomasa (CTB) para a súa acumulación, clasificado, triturado e secado, así como dotación de material para realiza-los traballos de limpeza e xestión da biomasa das vías na zona de dominio público dos municipios obxecto dos proxectos (un CTB por proxecto).
  • Instalación de seis depuradoras nodrizas compactas de augas residuais onde tratar periodicamente os lodos procedentes das fosas sépticas situadas en pequenos núcleos rurais de menos de 100 habitantes dos concellos das comarcas (dúas depuradoras por proxecto).
  • Construción dunha Planta de Valorización de Residuos da Construcción e Demolición, e depósito de refugallos para a comarca da Limia, para completalo mapa deste tipo de infraestructuras na provincia de Ourense (actuación só no Proxecto ARRAIANO).
  • Equipamento medioambiental para a recollida de biomasa e xestión de residuos e tratamento de augas residuais domésticas.

a.4) Mellora da accesibilidade e mobilidade.

  • Axudas á mellora do espazo público, medio ambiente e paisaxe urbana, baseándose no Plan Especial de Actuación para a Accesibilidade co que contan Verín, Xinzo de Limia, O Barco de Valdeorras, A Rúa, Viana do Bolo, O Carballiño e Ribadavia, dos núcleos urbanos obxecto do proxecto a través de actuacións para a peonalización, pavimentación, renovación de mobiliario urbano, supresión de barreiras arquitectónicas e instalación de illas soterradas para a recollida selectiva dos residuos sólidos urbanos.

a.5) Protección e preservación do patrimonio cultural.

  • Axudas para a rehabilitación e conservación do patrimonio etnográfico ourensán (hórreos, fornos, adegas, fontes, etc.).
  • Mellora dos accesos á fortaleza de Monterrei (Proxecto ARRAIANO)