Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
O Proxecto Imagina Atlántica

O Proxecto IMAGINA ATLANTICA foi presentado a través do Negociado de Desenvolvemento Local e Recursos Europeos (Servizo de Investimentos, Patrimonio e Subvencións) á segunda convocatoria de proxectos 2009 do Programa de Cooperación Transnacional ESPAZO ATLÁNTICO 2007-2013, resultando aprobado tal e como consta na comunicación do 12 de xaneiro de 2010 recibida polo xefe de fila.

Obxectivo final  do Programa de Cooperación Transnacional ESPAZO ATLÁNTICO 2007-2013:

O obxectivo final que se persegue é consolida-la cooperación existente mediante estruturas tanxibles para lograr resultados operativos, concentrando a cooperación a través dos 4 eixes ou prioridades de intervención seguintes:

  • Eixe 1: Promove-la iniciativa empresarial transnacional e as redes de innovación.
  • Eixe 2: Protexer e mellora-lo medio mariño e costeiro.
  • Eixe 3: Mellora da accesibilidade e vínculos internos.
  • Eixe 4: Promove-las sinerxías transnacionais no desenvolvemento sostible urbano e rexional.

Obxecto do Proxecto IMAGINA ATLANTICA :

O Proxecto IMAGINA ATLANTICA encáixase no Eixe 1 our prioridade 1 (Promove-la iniciativa empresarial transnacional e as redes de innovación).

O obxectivo específico deste proxecto consiste no estímulo da conversión e a diversificación económica promovendo o potencial rexional a través dunha Axencia de Promoción das Novas Tecnoloxías da Imaxe a escala Atlántica, que esta ó servizo  da posta en valor do patrimonio atlántico. A misión deste ente vai ser:

  • Implementar programas de intercambios profesionais (empresarios, técnicos e estudantes) en novas tecnoloxías da imaxe.
  • Desenvolver e ofrecer apoio financeiro ás artes, e ó sector da imaxe en xeral.

O proxecto aposta por experimentar coa posta en funcionamento dun clúster (termo inglés que se emprega nos eidos tecnolóxico e empresarial para referirse a distintos agrupamentos ou conxuntos integrados de elementos) que poña en rede a creación de traxectos turísticos e culturais, empregando os recursos que ofrecen as novas tecnoloxías da imaxe. Neste senso, desde a Deputación de Ourense tratarase de xerar un valor engadido á Ribeira Sacra a través dun proxecto piloto innovador.

Visite a web do Proxecto Imagina Atlántica