Actuación 2: Promoción Económica
UN TOTAL DE 145 COMERCIANTES DAS 7 VILAS DAS ÁREAS TERRITORIAIS DE ACTUACIÓN DOS PROXECTOS ARRAIANO, DELORUR E TERRAS DO AVIA ACOLLÉRONSE ÁS AXUDAS NO ANO 2009 PARA A POSTA EN FUNCIONAMENTO, MELLORA OU AMPLIACIÓN DO COMERCIO POLO MIÚDO (O CARBALLIÑO, RIBADAVIA, VERÍN, XINZO DE LIMIA, O BARCO DE VALDEORRAS, A RÚA E VIANA DO BOLO)
As actuacións de promoción económica teñen como obxectivo a adecuación, rehabilitación ou primeira instalación de comercios e talleres artesanais, e buscan a xeración dun crecemento económico sostible contemplando a execución de iniciativas de desenvolvemento local que persigan a mellora dos servizos e a creación de postos de traballo.
No marco das actuacións contempladas no Proxecto ARRAIANO de desenvolvemento rural e urbano das comarcas da Limia e Monterrei, un total de 41 comerciantes de Xinzo e Verín acolléronse ás axudas da Deputación de Ourense para a mellora dos seus establecementos comerciais ou a posta en funcionamento de instalacións de nova creación. Nun principio o importe total destinado para a convocatoria do ano 2009 para estas axudas no marco do Proxecto ARRAIANO por parte da Deputación de Ourense ascendeu a 120.000 euros.
No caso das actuacións contempladas no Proxecto DELORUR, un total de 66 comerciantes das vilas do Barco de Valdeorras, A Rúa e Viana do Bolo recibirán axudas da Deputación de Ourense para a mellora dos seus establecementos comerciais ou a posta en funcionamento de instalacións de nova creación. O importe total destinado en 2009 para estas axudas por parte da Deputación de Ourense ascendeu a 270.000 euros.
No Proxecto TERRAS DO AVIA de desenvolvemento rural e urbano das comarcas do Ribeiro e O Carballiño, un total de 38 comerciantes das vilas do Carballiño e Ribadavia acolléronse ás axudas da Deputación de Ourense para a mellora dos seus establecementos comerciais ou a posta en funcionamento de instalacións de nova creación. Nun principio o importe total destinado para a convocatoria do ano 2009 para estas axudas no marco do Proxecto TERRAS DO AVIA por parte da Deputación de Ourense ascendeu a 100.000 euros.
A boa acollida destas axudas por parte do pequeno comercio local fixo que a Deputación programe outras convocatorias no ano 2010. Esta liña enmárcanse no apartado de promoción económica e contempla a creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación produtiva e a mellora das infraestruturas e servizos locais.