Novas

A Deputación de Ourense promociona o Proxecto Eixo Interior

A Deputación de Ourense a través do seu Negociado de Planificación, dentro do Proxecto Eixo Interior, participa de maneira activa na realización dun futuro inventario de productos tradicionais con selo de excelencia na provincia. O remate do inventario, realizará unha publicación do mesmo, procedéndose á promoción dos productos recollidos no mesmo na feira gastronómica Xantar 2012-2013. A Deputación de Ourense participara tamén na distintas accións de promoción e publicidade do proxecto. Como complemento do proxecto, tódolos socios traballarán tamén sobre o impulso á actividade empresarial.

OS OUTROS SOCIOS DO PROXECTO EIXO INTERIOR

  • Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (xefe de fila do proxecto)
  • Concello do Barco de Valdeorras co Centro de Promoción dos Produtos Tradicionais no Barco, o CPT
  • Concello de Sarria co Centro de Promoción de Antiguedades e Restauración
  • Câmara Municipal de Barcelos co Centro de Promoción do Mercado Tradicional

ACCIÓNS

Deseñarase e porase en marcha unha estratexia de desenvolvemento do interior da Eurorrexión, baseada nas areas de productos tradicionais, mercados e artesanía e antigüidades. Para a xestión de cada area crearase un Centro Coordinador.

RESULTADOS

Conquerir unha maior vertebración territorial, establecer estructuras permanentes de cooperación, implicar ás empresas para promocionar conxuntamente os seus productos, creando canles de comercialización adecuados e incrementando a súa competitividade.