A Deputación de Ourense a través do Negociado de Planificación promocionou en Xantar 2012 (Salón Galego de Gastronomía e Turismo) os recursos endóxenos con selo de excelencia da provincia e da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Este Proxecto foi presentado conxuntamente co Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (xefe de fila do proxecto), o Concello do Barco de Valdeorras, o Concello de Sarria e a Câmara Municipal de Barcelos, o proxecto EIXO INTERIOR á segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (POCTEP) 2007-2013, resultando aprobado segundo a notificación recibida. O proxecto conta cun orzamento total de 1.383.503,69€, cofinanciado ó 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O proxecto pon en marcha unha estratexia de desenrolo común baseada nas áreas de productos tradicionais, mercados e artesanía, e antiguidades e restauración, coa creación de estructuras permanentes de cooperación, incentivando a presencia de empresas implicadas en promocionar de xeito conxunto os seus productos. A candidatura quedará resolta no segundo semestre do ano. No caso concreto do Barco, puxose en marcha un Centro de Promoción de Productos Tradicionais da Eurorrexión , que terá como misión fundamental a promoción e difusión de todo tipo de productos tradicionais, cunha importante labor de márketing dos productos de excelencia. | Degustación no stand do proxecto EIXO INTERIOR en Xantar 2012 (Ourense)Stand do proxecto EIXO INTERIOR en Xantar 2012 (Ourense) |