Novas

Taller de restauración de mobles antiguos

Deputación de Ourense, dentro das actuación contempladas no Proxecto EIXO INTERIOR (Proxecto cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)), para a promoción e difusión do Centro de Referencia de Antigüidades e Restauración da Eurorrexión, ten prevista a celebración dun taller de restauración de mobles antigos (200 horas) durante os meses de marzo (Comezo: 18 de marzo), abril, ata o 23 de maio,  en horario de 16.00 a 20.30 horas, de luns a venres

O lugar escollido para a impartición das clases será nos talleres de Formación Ocupacional do Concello de Ourense , situados no Campo da Feira.

O número máximo de participantes será de 15 alumnos. Realizarase a selección por rigorosa orde de inscrición no Rexistro da Deputación de Ourense.

Os interesados deberan solicitar a inscrición acompañándoa da fotocopia do DNI, presentándoa no Rexistro da Deputación de Ourense.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 6 de marzo.