Ámbito territorial de aplicación

Os resultados das avaliacións intermedias do Programa Operativo Local (POL), que recomendan a continuidade de actuacións no ámbito do desenvolvemento  local e urbano, segundo recomendación da Comisión, implican neste novo período de intervención 2007-2013 contemplar actuacións dirixidas ó ámbito dos concellos pequenos e medianos, integradas nos programas operativos rexionais, nas que prime necesariamente o aspecto territorial “localizado e integrado” fronte ós  sectores de intervención que se constitúen en eixes prioritarios no resto do programa.

Ese enfoque integrado territorial, centrado en municipios pequenos e medianos, é o que se pretende abordar no Eixe 5 mediante actuacións para conseguir un desenvolvemento local sostible que redunde nunha maior cohesión económica, territorial e social, valorándoselle as especiais circunstancias que concorren no dito ámbito poboacional (envellecemento da poboación, despoboamento do territorio, dificultades de acceso á información e ás novas tecnoloxías, etc.).

Poboación total dos ámbitos territoriais dos 3 proxectos: 136.551 habitantes

Fonte (INE, 1/1/09)