INICIO Novidades XORNADAS DE DIFUSIÓN DO PROXECTO TERRAS DO AVIA (XOVES, 22 DE NOVEMBRO DE 2012)
Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
XORNADAS DE DIFUSIÓN DO PROXECTO TERRAS DO AVIA (XOVES, 22 DE NOVEMBRO DE 2012)

A Deputación de Ourense organiza o xoves 22 de novembro ás cinco da tarde, na sede Asociación de Comerciantes e Empresarios de O Carballiño (Rúa Carlos Velo, Nº 12 - 1º), unha xornada informativa, dirixida á cidadanía, sobre o proxecto Terras do Avia.


Co obxectivo de melloralo benestar e a calidade de vida dos cidadáns e das cidadás das comarcas de O Ribeiro e O Carballiño, acometéronse actuacións de instalación de banda ancha de Internet, axudas ao comercio, melloras do contorno natural, de accesibilidade e mobilidade e de preservación do patrimonio cultural.


O proxecto Terras do Avia contou co financiamento da Deputación de Ourense e do FEDER da Unión Europea.

© 2010 Negociado de Planificación - Deputación de Ourense