INICIO Novidades XORNADAS DE DIFUSIÓN DO PROXECTO ARRAIANO (MARTES, 27 DE NOVEMBRO DE 2012)
Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
XORNADAS DE DIFUSIÓN DO PROXECTO ARRAIANO (MARTES, 27 DE NOVEMBRO DE 2012)

A Deputación de Ourense organiza o martes 27 de novembro ás cinco da tarde, no Salón de Actos da EUROCIDADE de Verín (Antiga aduana  de Feces de Abaixo), unha xornada informativa, dirixida á cidadanía, sobre o proxecto Arraiano.


Co obxectivo de melloralo benestar e a calidade de vida dos cidadáns e das cidadás das comarcas de Limia e Monterrei, acometéronse actuacións de instalación de banda ancha de Internet, axudas ao comercio, melloras do contorno natural, de accesibilidade e mobilidade e de preservación do patrimonio cultural.


O proxecto Arraiano foi financiado pola Deputación de Ourense e o FEDER da Unión Europea.

© 2010 Negociado de Planificación - Deputación de Ourense