INICIO Novidades MÁIS DE 390.000 EUROS PARA DOTAR DE SINALIZACIÓN VIARÍA E TURÍSTICA AS ÁREAS XEOGRÁFICAS DOS P ...
Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
MÁIS DE 390.000 EUROS PARA DOTAR DE SINALIZACIÓN VIARÍA E TURÍSTICA AS ÁREAS XEOGRÁFICAS DOS PROXECTOS ARRAIANO, DELORUR E TERRAS DO AVIA
Unha das últimas actuacións contempladas nos proxectos ARRAIANO, DELORUR e TERRAS DO AVIA, realizados no último trimestre do ano 2012, consistiron en plans de sinalización turística e de seguridade viaria destas zonas. Destacan, polo seu volume, o Proxecto de sinalización turística e de seguridade viaria das comarcas do Carballiño e O Ribeiro (TERRAS DO AVIA), que ascendeu a un total de 205.284,05 euros, mentres que no caso das comarcas de Valdeorras e Viana (DELORUR), o total destas dúas actuacións ascendeu a un total 173.629,04 euros. No caso do Proxecto ARRAIANO (comarcas da Limia e Monterrei), o importe foi moito menor, case 12.000 euros, consistindo este proxecto na instalación de paneis explicativos das 3 torres medievais (A Pena, Porqueira e Sandiás) que rodeaban a antiga Lagoa de Antela.
© 2010 Negociado de Planificación - Deputación de Ourense