INICIO Novidades SEMINARIO DE PLANIFICACIÓN TERRITORIAL E CLIMA (OURENSE, 11 DE ABRIL DE 2014)
Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions
SEMINARIO DE PLANIFICACIÓN TERRITORIAL E CLIMA (OURENSE, 11 DE ABRIL DE 2014)
SEMINARIO DE PLANIFICACIÓN TERRITORIAL E CLIMA (OURENSE, 11 DE ABRIL DE 2014. Inscrición on line (http://planificacion.depourense.es/climatlantic/ ) e no Fax 988 25 11 11 Programa: 10.00-10.30 h. Entrega de documentación. 10.30-10.45 h. Presentación e apertura do seminario. D. Xoán Vázquez Mao. Secretario xeral do Eixo Atlántico. Xefe de fila do Proxecto CLIMATLANTIC – “Accións locais e rexionais para a redución da pegada de carbono”. 10.45-11.15 h. As grandes liñas da estratexia do Proxecto CLIMATLANTIC. D. Ricardo Bento. Profesor da Universidade de Tras Os Montes e Alto Douro (Portugal). Coordinador do Pilar de Xestión do Territorio de CLIMATLANTIC. D. Francisco José Pan-Panojo. Director da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico (Vila Real (Portugal)). 11.15-11.45 h. Presentación da Rede de Municipios cara á Sostibilidade e das actividades desenvoltas polo Plan Particip@ dentro do Proxecto CLIMATLANTIC: antecedentes, contexto, obxectivos, metas, actividades e aspiracións futuras. D.ª María Sabas Álvarez. Xefa da Sección de Xestión Ambiental (Deputación Provincial de Ourense). 11.45-12.15 h. Café. 12.15-13.45 h. Mesa redonda: ¨Exemplos de boas prácticas para a redución da pegada de carbono detectadas e promovidas polo Plan Particip@ dentro do Proxecto CLIMATLANTIC: mobilidade, sostibilidade e residuos¨. Modera: D.ª María Sabas Álvarez. Xefa da Sección de Xestión Ambiental (Deputación Provincial de Ourense). 1º Exemplo de boa práctica: “Avaliación da xestión dos residuos e do ciclo integral da auga en relación cos indicadores obtidos nas Diagnoses de Sostibilidade da Axenda 21, optimización da xestión de flotas e as campañas de concienciación desenvolvidas (contedor amarelo, trípticos da reciclaxe selectiva, campañas escolares, uso do punto limpo, punto limpo móbil, compostaxe doméstica)”. D. Javier Bobe Vázquez. Director da Área de Medio Ambiente e xefe do servizo (Deputación Provincial de Ourense). 2º Exemplo de boa práctica: “Innovacións en materia de enerxía e mobilidade para a redución da pegada de carbono”. D. Miguel Reza Paz. Xefe da Sección de Residuos e Enerxía. (Deputación Provincial de Ourense). 3ª Exemplo de boa práctica: “Servizo de transporte público dos núcleos afastados do centro de saúde”. Sr. alcalde do Concello de Quintela de Leirado ou da Merca. 4º Exemplo de boa práctica: “Servizo de préstamo de bicicletas”. Sr. alcalde ou o técnico de medio ambiente do Concello do Barco de Valdeorras. Rolda de preguntas 13.45-14.00 h. Peche do Seminario. Presentación de resultados: Manual de boas prácticas para a elaboración dun Plan de Participación Social e I Diagnose de Sostibilidade da Axenda 21 no marco do Espazo Atlántico. D. José Manuel Baltar Blanco. Presidente da Deputación Provincial de Ourense.
© 2010 Negociado de Planificación - Deputación de Ourense