PRESENTACIÓN SECCIÓN DE PLANIFICACIÓN, SEGUIMENTO DE INVESTIMENTOS E PROGRAMAS EUROPEOS
En abril de 2001, a Deputación de Ourense puxo en marcha unha Oficina Técnica de Fondos Europeos, dependente de Secretaría Xeral, que se encargaría de canalizar toda a información procedente da Unión Europea ós distintos concellos da nosa provincia. No 2005 esta oficina constituíuse como Negociado de Recursos Europeos e Desenvolvemento Local, integrándose no ano 2009 no Servizo de Xestión de Investimentos, Subvencións e Patrimonio. Posteriormente, pasou a denominarse Negociado de Planificación, dependente da Sección de Planificación e Seguimento de Investimentos. Na actualidade é a Sección de Planificación, Seguimento de Investimentos e Programas Europeos.
A Unión Europea ofrece, para o período 2021-2027, unha ampla gama de programas que tratan de lograr un extenso desenvolvemento en diferentes campos, tales como o emprego, a cultura, o medio ambiente, os cumprimentos dos Obxectivos da Axenda 2030 e á implantación dos ODS no ciclo político e socioeconómico das entidades locais de Ourense… que a nosa provincia non debe desaproveitar.
É por isto que se creou primeiramente esta oficina sendo conscientes das dificultades dos pequenos concellos á hora de accederen á dita información. Co tempo tamén se ampliaron os obxectivos deste negociado, que ten como funcións básicas o deseño, elaboración e tramitación dos plans e programas de investimento, como xa se ten demostrado coas presentacións de numerosas iniciativas para o seu cofinanciamento a través do FEDER (Programa INTERREG IIIA-VIA (POCTEP (Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal)), Espazo Atlántico, FEDER- Eixe 5 –Desenvolvemento Local e Urbano, etc.).
Co obxecto de facilita-lo acceso á información das iniciativas postas en marcha desta sección, créase este apartado na nosa páxina Web, no que, ademais da información dos proxectos executados e dos proxectos en marcha, temos un enderezo de correo electrónico a través do cal se poden efectuar consultas, quedando á disposición de tódalas persoas ou entidades interesadas.
Sección de Planificación, Seguimentos de Investimentos e Programas Europeos