Proxecto EUROCIDADE

EUROCIDADE CHAVES-VERÍN
Custo total elixible do proxecto: 1.333.578,20 €
Porcentaxe financiado polo FEDER: 75% (1.000.183,65 €)
Área de cooperación: Galicia – Norte de Portugal.
Eixe prioritario: integración socioeconómica e institucional.
Obxectivo xeral: senta-las bases dunha cooperación transfronteiriza de segunda xeración que permita converte-la Eurocidade Chaves-Verín nun instrumento de desenvolvemento rexional que permita pór en marcha accións que melloren a calidade de vida dos cidadáns. En concreto, preténdese dotar a Eurocidade dunha estrutura que garanta un funcionamento eficiente, implica-los cidadáns no proxecto e, por último, dinamiza-la economía da Eurocidade e velar polo desenvolvemento sostible do seu territorio.
Socios do proxecto:
- Concello de Verín.
- Deputación de Ourense.
- Cámara Municipal de Chaves.
- Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
- Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.
- Instituto Portugués da Xuventude.
Actuacións contempladas no proxecto:
1. “Estruturación da Eurocidade”:
- Rehabilitación das antigas dependencias do posto fronteirizo.
- Posta en funcionamento operacional do Portelo da “Eurocidade Chaves-Verín”, contratación do seu equipo técnico.
- Plataforma de comunicación da Eurocidade dirixida á cidadanía.
- Estudo estratéxico da Eurocidade, coñece-la situación de partida e establecer obxectivos e liñas de actuación a medio e longo prazo.
2. “Eurocidadanía”:
- Tarxeta do eurocidadán e organización dunha oferta de servizos comúns.
- Oficina da Xuventude.
- Local de ensaios transfronteirizos.
- Axenda cultural da Eurocidade de carácter trimestral.
- Forma-la Eurocidadanía.
3. “Eurocidade: catalizador de dinamización económica”:
- Unidade de Desenvolvemento de Produtos Turísticos da Eurocidade para identifica-las principais fortalezas da Eurocidade Chaves-Verín en materia turística, optimiza-la súa explotación sostible, publicación de guías temáticas para potencia-las calidades turísticas identificadas.
- Novas tecnoloxías aplicadas ó turismo.
- Fronteira comercial aberta: material promocional conxunto, animación centros de comercio tradicional, creación dun portelo específico sobre o comercio, manual de boas prácticas…
4. Foro económico e empresarial da “Eurocidade”
- Sistema iniciativas empresariais. Promoción do desenvolvemento de iniciativas empresariais privadas.
5. “Eurocidade: Un territorio sostible”:
- Estudo do patrimonio natural, cultural e histórico do río Támega.
- Ordenación conxunta do territorio.
A Deputación ten un custo total flexible de 266.666 €.
Porcentaxe financiada polo FEDER á Deputación: 75% (199.999,50 €).
Actuación contemplada no proxecto para realizar pola Deputación de Ourense:
1. “Estruturación da Eurocidade”: Rehabilitación das antigas dependencias do posto fronteirizo de Feces de Abaixo.
Ligazóns:
