Proxecto Viarraia
PERMEABILIZACIÓN DA FRONTEIRA MONTALEGRE-CHAVES-OÍMBRA-CUALEDRO
Custo total elixible do proxecto: 2.490.000,01 €
Porcentaxe financiada polo FEDER da Unión Europea: 75% (1.867.500 €).
Área de cooperación: Galicia-Norte de Portugal.
Eixe prioritario: cooperación e xestión conxunta na ordenación do territorio e accesibilidades.
Obxectivo xeral: aumenta-la permeabilidade entre os municipios da fronteira, mellorando as conexións fronteirizas de ámbito local, de maneira que se facilite a circulación de persoas e bens.
Socios do proxecto: Municipio de Montalegre, Deputación de Ourense, Municipio de Chaves.
Actuacións contempladas no proxecto:
- Remodelación da estrada que une Oímbra – Videferre – Soutelinho da Raia e da estrada entre Montalegre e Chaves.
- Construción dunha ponte entre Feces de Cima e Lamadarcos.
- Mellora da estrada que une A Pobra de Trives e Chandrexa de Queixa.
A Deputación ten un custo total elixible de 1.956.666,67 €.
Porcentaxe financiada polo FEDER da Unión Europea á Deputación de Ourense: 75% (1.467.500 €).
Actuacións contempladas no proxecto para realizar pola Deputación de Ourense:
- Construción e mellora de estradas na raia (Oímbra – Videferre – Soutelinho e da que une A Pobra de Trives-Chandrexa de Queixa).
- Ponte entre Feces de Cima (Río Pequeno) e Lamadarcos.
Ligazóns: