Proxecto piloto POCTEC Green Gap de restauración ambiental no entorno do encoro de As Conchas

A Deputación presenta na Escola Galega de Administración Pública o seu proxecto piloto POCTEC Green Gap de restauración ambiental no entorno do encoro de As Conchas

O deputado de Desenvolvemento Sostible e Axenda 2030, Jorge Pumar, foi o encargado de presentar na EGAP este proxecto piloto que pretende resolver a vulnerabilidade do espazo ante o cambio climático; os espazos naturais degradados: incrementar a estrutura arbórea e a posta en valor deste territorio

Ourense, 19 de decembro de 2023.- A Deputación de Ourense presentou esta mañá na Escola Galega de Administración Pública o seu proxecto piloto POCTEC Green Gap de restauración ambiental no entorno do encoro de As Conchas. O deputado de Desenvolvemento Sostible e Axenda 2030, Jorge Pumar, foi o encargado de presentar na EGAP este proxecto piloto que pretende resolver a vulnerabilidade do espazo ante o cambio climático; os espazos naturais degradados: incrementar a estrutura arbórea e a posta en valor deste territorio.

Precisamente, Pumar salientou os obxectivos a acadar mediante este proxcto piloto de infraestrutura verde: perseguir un incremento e conservación da biodiversidade local, mellorando ambientalmente o espazo natural neste ámbito rural; e fomentar o ecosistema autóctono mediante a creación de bosques e a mellora de hábitats para pequena fauna.

Para isto, o deputado provincial detallou as intervencións que será preciso acometer, como son: o reforzo e restauración da biodiversidade autóctona; a mellora ecolóxica dos espazos húmidos e regatos; así como o incremento do uso e disfrute do espazo, consolidando a senda peonil e coa colocación de paneis informativos.