Proxecto RETALER II
Este proxecto persegue a consolidación da Rede Transfronteiriza de Autoridades Locais en Enerxías Renovables (RETALER), constituida por numerosas administracións españolas e portuguesas da ¨raia¨, xa iniciada coa aprobación do primeiro proxecto RETALER I na anterior convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP).
O proxecto RETALER II foi presentado a través da Sección de Planificación e Seguimento de Investimentos á segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP), encaixandose na prioridade 3 (Promove-la Cooperación e xestión conxunta en accesibilidade e ordenación territorial). O obxectivo fundamental deste proxecto é a cooperación entre autoridades locais raianas en materias de eficiencia enerxética e enerxías renovables, promovendo a súa implantación dende un enfoque integrado e homoxéneo que supere as súas áreas rexionais e responda os retos do POCTEP. O custe total do proxecto ascende a un total de 2.421.110,93 euros, sendo o porcentaxe de cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) do 75%.
As actividades do Proxecto RETALER II nas que participa a Deputación de Ourense son:
Actividade 1: Realización de estudos de eficiencia enerxética.
Realizarase un estudo sobre rendemento e reducción do consumo enerxético en varias depuradoras da provincia de Ourense conseguidos coa implantación do proxecto piloto.
Actividade 2: Proxecto piloto.
O proxecto piloto consistirá na implantación de catro instalacións minieólicas noutras tantas depuradoras da provincia de Ourense co obxetivo de reduci-lo custe de funcionamento das mesmas e lograr depuradoras compactas de augas residuais enerxéticamente máis eficientes.
Actividade 3: Boas Prácticas e Formación
Campaña publicitaria na que se difundan os resultados de tódalas actuacións que a Deputación de Ourense leva realizado no el ámbito da eficiencia enerxética e enerxías renovables e tanto das cofinanciadas con cargo ós fondos da UE, como das realizadas con fondos propios ou outro tipo de subvención (estatal, autonómica…).
Por último, a Deputación de Ourense xunto co resto dos socios realizará diversas actividades encamiñadas á xestión e coordinación do proxecto así coma á comunicación e publicidade do mesmo.
Os 13 socios do proxecto RETALER II son: Deputación Provincial de Badaxoz (Xefe de fila do proxecto), Deputación Provincial de Ourense, Deputación Provincial de Salamanca, Agencia de Energía e Ambiente do Algarve (AREAL), Comunidade Intermunicipal do Alentejo Central (CIMAC), Deputación Provincial de Huelva, Organismo Autónomo para o Desenvolvemento Local da Deputación de Cáceres, Asociación de Municipios da Terra Fría do Nordeste Trasmontano (AMTF-NT), Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo (CIMAA), ENERAREA (Agencia Regional da Energía e Ambiente do Interior), Clúster da Enerxía de Extremadura, Mancomunidade de Municipios Serra de Gata e Deputación Provincial de Pontevedra.
Para máis infomación sobre o proxecto RETALER II poden visita-lo ligazón: http://web.dip-badajoz.es/proyectos/retaler/