Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) é un instrumento financeiro da Comisión Europea que ten como obxectivo fortalece-la cohesión económica e social na Unión Europea, corrixindo os desequilibrios entre as súas rexións. Estes fondos son subvencións reintegrables, que serán xestionados directamente polas administracións locais (central, autonómica e local), tendo cada unha cota de fondos asignados a priori para realizar proxectos na súa área.
Obxectivos e principios:
- A investigación e o desenvolvemento tecnolóxico.
- A produción e a competitividade das empresas.
- A protección e a mellora do medio ambiente e o fomento dunha enerxía limpa e renovable.
- As infraestruturas de investigación, innovación, as telecomunicacións e o transporte.
- O desenvolvemento das redes de transporte locais, rexionais e europeas.
- O desenvolvemento económico, con especial atención ás zonas e persoas menos favorecidas.
- Medidas de asistencia técnica.

O FEDER pode intervir nos tres novos obxectivos da política rexional:
- Converxencia
- Competitividade rexional e emprego
- Cooperación territorial europea
Eixes ou prioridades do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER):
- Eixe 1: Desenvolvemento da economía do coñecemento (I+D+i, Sociedade da Información e TICs)
- Eixe 2: Desenvolvemento e innovación empresarial
- Eixe 3: Medio ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos
- Eixe 4: Transporte e enerxía
- Eixe 5: Desenvolvemento local sostible e urbano
- Eixe 6: Investimentos en infraestruturas sociais
- Eixe 7: Asistencia técnica.