Actuación 1: Fomento da Sociedade da Información e Novas Tecnoloxías.
A DEPUTACIÓN DE OURENSE IMPULSA O ACCESO Á BANDA ANCHA DE INTERNET NO RURAL OURENSÁN
As zonas rurais da nosa provincia, así como as pequenas empresas, son as máis atrasadas no emprego das tecnoloxías da información. Coa implantación da banda ancha daráselle cumprimento a un dos principais obxectivos dos devanditos proxectos: conseguir que a maior parte da poboación rural dos 51 concellos teñan acceso a unha banda ancha de calidade.
A tecnoloxía proposta para a rede é WIMAX-e conforme ó estándar IEEE 802.16-2005 e soportada na banda de frecuencias de 3,5 GHz restrinxida a operadores con licenza. Un dos principais apartados relacionados coa valoración técnica da empresa Iberbanda, SA, é o de ofertar un servizo adicional de 4Mbps e, sobre todo, ofertar servizos de voz, de rede privada virtual, de rede intelixente, servizos de apoio e servizos nomádicos.
A empresa Iberbanda, SA, oferta un paquete de servizos definidos como Aceso Tipo coas características ofertadas na proposta técnica, por un importe total de cota de alta 110,20€ (IVE incluído) e cota mensual de 39,44€ (IVE incluído). O servizo estará dispoñible para tódolos usuarios dentro da zona de cobertura proposta. Estas tarifas estarán vinculadas a un acceso de 24 horas sen límite de descarga e sen compromiso de permanencia. A cota de alta contempla tanto a instalación como a alta, incluíndo tódolos conceptos para a posta en servizo do cliente. A tarifa mensual incluirá os custos de mantemento e alugamento de equipo do usuario.
OUTRAS ACTUACIÓNS